Facer no val

FAI UNHA BICA

INGREDIENTES:
12 claras de ovo
500g. de zucre
250 de fariña triga
200cc de nata

COMO SE FAI:
Bátense os ovos, logo botáselle o zucre e volve a bater, que se poña ben brillante, añade a metade da fariña, volve a bater, e logo a nata  e o resto da fariña,volvendo a bater.
Unta o molde con manteiga.
Cócese no forno a 180 grados durante 45m
Pódeselle botar un pouco de sal e levadura






FAI UN INXERTO:

Elixe ben a época do ano, abril ou maio, depende da árbore que desexes inxertar, e tamén a lúa, varía según a zona.



Colle unha ramiña da árbore que queres para facelo inxerto







Córtalle unha boa pola








Introdúcelle a rama que vas a inxertar entre a corteza e a madeira do tocón










Fai un pechado a modo de selo, con cera por exempro





Protexe o conxunto






Bótalle enriba terra en quitaa ós  +- 20 días




FAI TOMATADA:



INGREDIENTES 5 Kg. de tomates, tres pementos roxos, unha cebola, sal, zucre, aceite virxen e orégano

Elixe uns bos tomates, pélalos e sácalle un pouco de zume, curta uns pementos roxos e unha cebola, cantos máis pementos máis rico, sofríe os pementos e as cebolas en aceite virxe, e cando esté bota os tomates pelados.



                             Podes engadir orégano, zucre e sal ó conxunto, deixao pasar unha hora



Báteo ben


É conveniente que teñas unos bos botes de cristal a man, ben lavados e secos, introduce a tomatada nos botes e logo añádelle un pouco de aceite de oliva, non os enches ata arriba péchaos e ponos ó baño de maría



Baño de maría




Saca ós botes e gárdaos nun lugar fresco e seco

Nota: canto máis tempo deixes a tomatada na pota cocendo más densa vai quedar, e así podes utilizala para facer pan con tomate, se a pasas menos quedará como salsa para facer guisos, tamén canto máis pemento roxo máis rica



FAI UN MAGOSTO:


Chega o outono e con il unha das festas máis esperadas, O Magosto,  e como en Castro sobran castañas que mellor sitio para celebralo,
Receta: amigos, viño novo, castañas, sal gordo, unha folla de cobella, tixolo e fogo

E ahí vai



Bullós abafándose