O Entroido: esta é unha festa das máis importantes na provincia de Ourense, principalmente nos concellos de Verín, Laza, Xinzo, Vilariño do Conso, Viana do Bolo, Manzaneda...é a festa previa a Coresma, o seu termo provén do Latín "introitus", de introducción á Coresma, polo tanto non ten fecha fixa, adoita a ser nos meses de febreiro e marzo, comenzando con domingo fareleiro, xoves de comadres, domingo corredoiro, xoves de compradres e sábado, domingo, luns e martes de antroido. En Castro é a festa máis importante da aldea, tamén celébranse o S. Pedro e Sta Rita.
Distintos tipos de caretas, orixinais, antes de 1936. Fotografía sacada do traballo de Nieves Amado "Os antiguos traxes de peliqueiro de Laza", Revista Auria, 27/02/2011
Patróns de Caretas de Nocedo do Val 1930. Do libro "O Entroido en Terras de Monterrei" de Xerado Dasairas |
Foto: "O Entroido que levamos!", de Xerardo Dasairas, na publicación "Patrimonio Etnográfico Galego III", |
Detalle manga Chaqueta Peliqueiro Neno, feito polas irmáns Aguiar Fernández de Castro con axuda do Xastre de Castro e a Sra. Generosa de Soutelo Verde |
Arriba chaqueta, sobre estas liñas pantalón das mismas autoras |
Careta vista anterior |
Careta vista posterior |
Chocas co cinto |
En Castro comenza a festa o venres de antroido, ábrese o bar, que acostuma a ser un baixo ou palleira dalgún veciño e os mozos corren esa noite cas chocas, tamén pódese celebrar algunha cea de xuntanza, o día seguinte recíbese ós gaiteiros a tardiña, e esa mesma noite comezan a tocar na verbena, así continuarán ata o martes entre pasarrúas e verbenas.
O domingo é un día importante, aparece o Peliqueiro a saída da misa da mañá, é o momento máis esperado, todo o pobo agarda para recibilos e ver como corren en ringleira, despóis ofrécese unha bica, lícor café e viño para toda a xente, tras correr pola aldea os Peliqueiros saúdan ós veciños de casa en casa.
O luns é o día da farrapada, as xentes de Castro diríxense en tractores á aldea veciña de Tamicelas, alí son ben recibidos cunha mesa chea de comida típica de antroido, despóis retírase e comenza a farrapada´: é unha pequena batalla con roupa mollada... entre os veciños", a volta en Castro agasállaxe á xente cun caldo, lícor café, bica, etc...para recuperar forzas.

Mudito acorralado |
Situacións grandes da farrapada |
Fogueira diante do bar no antroido de Castro |
.
O PELIQUEIRO:
O Peliqueiro: segundo o libro de Francisco Cocho, no seu libro O Carnaval en Galicia" : "para calquera neno da zona de Laza a posesión da indumentaria e a careta de peliqueiro convértese nunha grande ambición. Ós nenos de Laza regálaselles nada máis nace un cinto de chocas pequenas."
"O peliqueiro loce un minucisoo e colorista atuendo, coidado con todo detalle. Viste camisa branca e gravata vermella, elemento este que reflecte unha das moitas modificacións que debeu sufri-lo vestuario do peliqueiro ó longo dos séculos. Sobre a camisa, unha característica chaquetiña curta, do tipo da que locen os toureiros nas tardes de gloria. Esta prenda, de tecido forte, vai profundamente adornada. sobre un fondo ocre o ouro, de corte eclesiástico, leva ribetes e galóns, ademáis de charreteiras nos ombreiros e infinidade de fitas bordadas. Encima da chaquetiña debe levar un pano de cabeza de cores vivvas, que cae en forma triangular polo lombo e, segundo a tradición ten que ser propiedade da moza do enmascarado.
Da cintura ós xeonllos, as máscaras tradicionais de esta zona visten uns fermosos calzóns con encaixes, frecos e pompóns brancos e trenzados de lá que alternan frecos verdes e encarnados. As medias de cores vivas, van cosidas á parte inferior dos calzóns, por riba dos xeonllos. O atuendo complétase cos tirantes que suxeitan os calzóns e cuns zapatos de punta fina, que resaltan a elegancia desta máscara, ademáis dunha axustadísima faixa branca, azul ou encarnada, que ten como finalidade protexe-lo peliqueiro dos golpes que lle acarrean as seis grandes chocas que leva no cinto pola parte posterior. O peso do conxunto é de cinco quilos.
A máscara do peliqueiro de enigmática expresión, a metade de camiño entre o terrorífico ou a maldade sorrinte, continúa por riba da cabeza nunha especia de mitra, que podería recordar ás que empregan os bispos nas solemnidades. A parte frontal desta mitra confecciónase con lata e decórase con debuxos de animais ou símbolos astrais. A parte posterior, en cambio cérrase cunha pelica ou pel de animal co rabo cara a abaixo. Acostumaban ser de gato, pero xa se usa hoxe pel lsintética. Nos extremos da base da mitra colgan dous coquetos pompóns. a careta propiamente dita tállase en madeira. Os experto prefieren que sexa de bidueiro ou freixo. O anaco de madeira cócese previamente para que non parta ó tallalo. Dous diminutos buratos facilitan a visión do peliqueiro que queda limitada a escasos metros frontais. É característico un grande nariz e unha barba feita cun anaco de pel de lebre. Aínda queda por engadir un elemento máis á careta e mitra: a rabeira, un anaco de crina de cabalo que colga pola parte posterior.
Na man leva unha zamarra, zamarreta ou zamarrallo. Trátase dun látigo de pel de becerro co que o peliquero zurra á xente que atopa ó seu paso. Noutro tempo levaron tamén paus con vexigas de porco.
Case sempre en grupo, os peliqueiros percorren incesantemene as rúas da vila. Van en ringleira. Corren e choutan sen parar e non poden destapa-la cara agás que se encontren nun local cerrado.....Os veciños teñen a obriga de invitalos a viño e bica de Entroido cando chaman ás súas casas ou mesmo se os sorprenden cerca dun bar. O peliqueiro azouta ás persoas do lugar que o provocan. Sobre todo fustiga e ameaza estalando o látigo con forza contra o chan, "mete medo" é unha autoridade, exerce un curto poder durante o tempo de Entroido. Parece que noutros tempos xa afastados, os peliqueiros empezaban a sair xa desde o aninovo. A lenda di que non se limitaban ó val de Monterrei e que nas súas ruadas chegaban ata Castela."

A MORENA:
O luns á tarde aparece outro personaxe importante do antroido, é a morena, vaca levada polo pastor que aproveita o despiste da xente para embestila, tamén repártense entre as xentes formigas con borrallo, á noitiña volve a verbena, o lume e os gaiteiros; a xente achégase a carón da fogueira para falar e compartir a novas do antroido
Podemos citar segundo ó libro de Francisco Cocho como sae a morena o luns de Antroido:
"fai a súa entrada o lúns pola tarde, cunha grotesca e ruda comitiva para acompaña-la que é a representación dunha vaca. A cabeza está feita de madeira e os cornos son auténticos. Os ollos e a lingua son dun encarnado forte. Un pau longo fai as veces de armazón da morena, que leva con infatigable vivacide un veciño. Antano empregábase como cobertor unha pel de carneiro negro e agora unha manta. a morena arremete contra a xente, e sente especial debilidade polas mulleres con saias, que tenta levantas cos seus cornos.
MARAGATOS:
Con este nome coñécese en distintas partes de Galiza, unhas máscaras que se ben nun principio pretendían imitar ós cocmerciantes da maragatería, que percorrían vilas e aldeas vendendo mercadorías, chegando máis tarde a representar distintos papeis no Entroido
Hoxe en día perderon a importancia que noutrora tiveron na festa, vestidos con farrapos, traxes vellos e outras roupas zarrapastrosas, sofrían as burlas e escarnios da xente, tentando de se defenderen das agresións a zamarrazos
SERMÓN: Léese o martes pola tarde " Un gracioso do lugar chega á praza da vila a bordo un burro para proceder á lectura dunhas burlonas e satíricas coplas que recordan os aconteceres da vila desde o entroido anterior e somete a burlas ós veciños que os protagonizaron. Ós veciños, que teñen que estar todos presentes, non lles queda máis remedio que aguantar e sumarse ás gargalladas xerais."
Remata o Antroido cunha xuntanza veciñal, que é a "mesa", comida do martes que realízase de maneira alternativa todos os anos entre os barrios da Rivela e do Campo. Todolos veciños do barrio aportan pratos típicos do antroido.
YOUTUBE:
Salida de misa
http://www.youtube.com/user/lospeludos48#p/u/6/zjlc74QnE6c
Farrapada en Tamicelas:
http://www.youtube.com/user/lospeludos48?feature=mhee

Morena levada polos mozos o luns á tardiña |

Comida Xuntanza do martes de Antroido |
Salida de misa
http://www.youtube.com/user/lospeludos48#p/u/6/zjlc74QnE6c
Farrapada en Tamicelas:
http://www.youtube.com/user/lospeludos48?feature=mhee
Máis información en:
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=17/05/2011 22:22:45&fecha=11/05/2011&arquivo=1&programa=ALAL%C1&id_programa=7&corte=&mp4=0&medio=

"O carnaval en Galicia" de Federico Cocho. Ed. Xerais.
"O entroido en terras de Monterrei" . Xerardo das Airas. Ed. do Cumio