Restauración, comer, beber, durmir...

 

Castro:
Forno do Campo, Bar rexentado pola xente do pobo.
Durmir:  Pódese solicitar algunha palleira acolledora para durmir.


Souteliño:
Casa Elena: Con moito encanto este restaurante, para probar a comida caseira feita por Elena, destacan o cocido galego, merluza a cazola, bacalao casa elena e de postre bica branca máis filloas recheas. A maravillosa decoración, (chaman a atención os bancos feitos de unha peza de castiñeiro) e a terraza-xardín interior danlle a este lugar un ambiente acolledor.

Laza: telf.: concello 988 422 002
Taberna do ardillas: Rúa da Picota 3, telf.: 988 422188
Bar Picota: Rúa da Picota s/n, telf.: 988 422 290 ZONA WIFI
Café-Bar Descanso do Peregrino: Crtra Vilar de Barrio 43, telf.: 988 422 224
Café Bar O peliqueiro: Rúa Outeiro 11
Panadería Gilpe: Rúa do Cruceiro 33, telf.: 986 422 157. Precios moi económicos, boa masa para as empanadas, merece a pena probar o seu  producto: as  inigualables pizzas artesáns. Cumpridores en horario e sempre cun sorriso así te atenderán o matrimonio que o rexenta e os traballadores que alí están. Durante a semana pan de millo, tamén fan pan de rosca e boliños para a merenda dos rapaces.
Panadería Flor do Támega "Portagero": Rúa Outeiro 11
Aloxamentos turísticos extrahoteleros: Crtra Cerdedelo 24, telf 988 422 061
Albergue Peregrinos de Laza: rúa do Toural s/n, ubicado na parte alta da vila e rexentado pola unidade de Protección Civil telf.:988 422 112
Dous supermercados: precios económicos e ben surtidos. En un admiten tarxeta


Soutelo Verde:
A Casa das bicas: Envidiable panadería na que souberon aproveitar a receita antiga da bica branca, igualable en sabor e textura á bica caseira. No despacho Lidia e o seu pai rexentan o negocio familiar servindo bicas de tres tamaños e outras delicias pasteleiras.  Soutelo verde 107, telf.: 988 422 338


Couso-Sarreaus:
Aldea Rural Couso-Galán: Antiga aldea abandoada e rehabilitada por un matrimonio da Rioxa abrendo no ano 2008 , consta de varias casas repartidas pola aldea, todas pertencen o complexo , situada nun entorno precioso e fresco  bañado polo río Limia, e moi cerca do seu nacemento, un dos mellores complexos turísticos da zona, tanto para realizar un evento familiar ou laboral, ata pasar un fin de semana agradable cos amigos ou a familia



http://www.cousogalan.com/


http://www.youtube.com/cousogalan

http://www.youtube.com/cousogalan#p/a/u/2/O27zCLkjN3c


Muiño rehabilitado ó paso do Limia na aldea de Couso














Ter en conta que: gasolinera máis cercana en Vilar de Barrio 19km ou a de Verín 21km. O caixeiro máis cercano en Verín. En Laza tampouco admiten tarxetas en moitos sitios coma algún supermercado, bares, restaurantes....consultar antes.