Paco de Escornabois


    O Sr. Paco cun Peliqueiro
          




                                            

Fotos do Sr. Paco en Castro nos anos 40


Francisco Villarino Ojea ( Escornabois-Trasmiras 1924-2010), comenzou a tocar dende moi pequeno con gaitas de alcacén (de palla de centeo) que él mesmo facía.
A súa inspiración foi a súa nai e os gaiteiros que escoitaba pola zona, a primeira gaita  mercouna a súa nai  no 1940 con 16 anos a Celso de Ganade, e Paco tivo que pagala ademáis de con diñeiro traballando para ela dándole dous días á roda. Os seus irmáns tamén herdaron a súa afección pola música e formaron o grupo "Gaiteiros de Escornabois". Un fito importante que marcou o aprendizaxe do Sr. Paco foi os quince días que pasou na súa casa o gaiteiro de Córgomo, Leopoldo Quiroga que andaba fuxido despóis de Guerra Civil, ensinoulle a cambio de tabaco, cama e comida a facer palletas, a afinar a gaita,  pezas do seu repertorio, e tamén aprendeu a picar, repicar e repinicar cos tres dedos da mao esquerda,  definindo así unha maneira típica de tocar do Sr. Paco e dos gaiteiros da Limia








Paco de Escornabois tocando na casa da familia Aguiar, unha
das súas pezas preferidas "Valse de Escornabois"

Dende entón xa non deixou de tocar, incluso nos anos que estivo emigrado na Alemaña. Foi a Castro por primeira vez no ano 1943 nas festas de Sta. Rita, o final dos anos oitenta  o gaiteiro Curro Romero o descubriu, e logo sacou unha cinta co seu grupo no que tocaba o Sr. Paco, é a partires de aquí cando o Sr. Paco faise máis coñecido entre os Gaiteiros de Galiza. Anos despóis empezou a ser máis evidente a súa popularidade e a súa figura converteuse nun dos referentes para os gaiteiros de toda Galiza, perdendo así a súa invisibilidade: fixéronselle varias homenaxes, participou en festivales, dedicáronselle programas na televisión e grabou un disco: "Os nosos gaiteiros".
Paco o gaiteiro está  intimamente ligado a Castro polo Antroido, "é o que fai a festa, sabe en todo o momento o que ten que  tocar, é un gaiteiro profesional, se alguen quere tocar con él non hai ningún problema, como característica podemos dicir que o Sr Paco toca a destempo coma  se tocase con vacilacións, busca  o efecto de manteñer a tensión durante toda a  interpertación", como el dicía  "é fácil tocar a tempo, iso faino calquera, o difícil é toca a destempo". Toca a un tempo lento, como outros gaiteiros maiores, sen presas, disfrutando en cada nota e en cada adorno.
Tocar a gaita durante o Antroido en Castro, no inverno, co frío adormecendo os dedos e o corpo, e durante tantas horas, é unha tarefa especialmente dura, incluso para unha persoa nova, hai que ter moitos folgos e un amor á música e á gaita máis alá da común e corrente para podelo facer. O Sr. Paco levouna a cabo dun xeito admirable durante moitos anos e con gran profesionalidade.
Para moitas personas que coñecían ó Sr. Paco era o paradigma do Gaiteiro do amor á gaita, dos que "saben o que tocan". A súa música é insubstituíble, e o Antroido de Castro non é o mesmo sen a súa gaita. Pero lles consola que as súas pezas e o seu repretorio, aprendidas oralmente polos novos gaiteiros como Xoan Porto "Juancho" e Félix Castro que seguirán sempre enchendo de melodía e ledicia o Antroido conformando o seu paisaxe sonoro


Homenaxe ó Sr. Paco - Antroido 2011









Información obtida de: